miércoles, 12 de enero de 2011

CARTA ERASMUS (EUCP)


XA SOMOS EUROPEOS!!!

Dende decembro de 2010 somos titulares dunha Carta Erasmus (EUCP), documento que nos habilita para levar a cabo accións de mobilidade estudantil dentro do marco do PAP (Programa de Aprendizaxe Permanente da UE). Grazas a esta acreditación seremos quén de levar a cabo proxectos como a mobilidade ERASMUS, que permite ao alumnado de ciclos de FP de grao superior desenvolver as prácticas da FCT nun país da U.E.

Con este documento ábresenos todo un novo mundo de posibilidades de formación e enriquecemento cultural, lingüístico, social e profesional, que agardamos que vós, os nosos alumnos, saibades aproveitar como merece!!!

Pronto teredes novas do departamento de programas europeos sobre as accións de mobilidade que imos emprender no centro. Permanecede conectados!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario