lunes, 28 de marzo de 2011

CONCURSO SOBRE COOPERATIVISMO NO ENSINO 2011

A Consellería de Traballo e Benestar convoca o certame Cooperativismo no ensino dirixido aos centros educativos de Galicia,  có obxecto de difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e formación profesional de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

Segundo o nivel educativo, a modalidade de participación será diferente:
  • Debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria
  • Actividades cooperativizadas dirixida ao alumnado de educación secundaria
  • Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional. O/os autor/es ou a/as autora/s do mellor proxecto empresarial recibirán un único premio de 6.000 euros, e unha viaxe para visitar experiencias cooperativas, por valor máximo de 1.500 euros, para o profesor/a-director/a do proxecto. Haberá dous accésit aos proxectos finalistas, coa seguinte dotación: 2.000 € para cada proxecto finalista, que se repartirán entre os/as alumnos/as que elaboraron cada un dos proxectos finalistas e 500 € en cheques para libros para cada un/unha dos/das profesores/as-directores/as dos proxectos finalistas.

    O prazo de presentación dos traballos remata o día 15 de maio de 2011. Podedes consulta toda a información EIQUÍ.
  • BASES da convocatoria

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario