lunes, 28 de marzo de 2011

PERSPECTIVAS DE EMPREGO NO METAL

O pasado xoves tivemos no centro unha charla sobre perspectivas de emprego no sector do metal, impartida pola ASIME. Ignacio Chamorro, xerente e inspector da asociación, fixo unha exposición moi  completa e interesante sobre cál é a situación actual do sector e por onde poden xurdir oportunidades de empregabilidade para os vindeiros anos.
A situación non está para botar cohetes, está claro, pero parece que se empeza a ver un pouco de luz.
Tras estes anos de crise total e dunha situación moi precaria do mercado laboral, parece que pode haber motivos para pequenas alegrías, tal e como podemos ver na noticia da Voz de Galicia dese mesmo día, e que podedes consultar EIQUÍ .
Qué é o mellor que podemos facer? Como ben explicou Ignacio, apostar pola formación continua e non quedar durmidos nos laureis. O mercado de traballo está a cambiar, e non podemos quedar atrás. As empresas buscan traballadores flexibles, actualizados e cada vez mellor formados. Esa é a chave de acceso a un posto de traballo. Non se pode agardar a que o traballo veña a buscarnos á porta de casa, hai que movilizarse, incluso máis aló do propio país, e ter en conta que a formación é un proceso para toda a vida.
Estas son as premisas das que tedes que partir.
Neste senso,  FORMEGA (Fundación Galega do Metal, creada en conxunto pola Asime e os sindicatos de CCOO e UGT) pode ser unha ferramenta de grande utilidade para vós, pola súa ampla e completa oferta formativa e ademáis   dispoñible moi pertiño de Bueu.
Consultade a súa web para ver qué accións formativas teñen en marcha e cáles poden interesarvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario