sábado, 18 de junio de 2011

BOLSAS LEONARDO DA VINCI



AVISO PARA TODO O ALUMNADO DE 2º CURSO DE CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

O pasado venres día 17 de xuño, abriuse o prazo da 3ª Convocatoria bolsas Leonardo da Vinci proxecto MoGal, para participar no proceso de selección de bolseiros promovido ao abeiro do Programa europeo de Aprendizaje Permanente.

As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a partir de setembro que incluen formación cultural e lingüística, período de formación en prácticas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante, aloxamento en habitacións dobres, seguro e viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 200 euros.

Os países de destino son:
-        12 estancias en Irlanda.
-        12 estancias en República Checa.
-        4 estancias en Holanda. 
-        20 estancias en Francia. 
-        20 estancias  en Italia.

As  persoas solicitantes deben
-       Ser galegos ou galegas residentes en Galicia.
-       Ter entre 18 e 30 anos.
-       Ter titulación de FP ou universitaria.
-       Non ter disfrutado ningunha outra bolsa Leonardo.
-       Cumplimentar e enviar entre as 00:00 h do 17 de xuño e as 24:00 horas do 15 de xullo,  o CV    no idioma do país de destino e o formulario de solicitude no idioma preferido,  ao enderezo electrónico   
galeuropa@xunta.es.
-      Asistir á xornada de selección que se notificará mediante envío de correo electrónico a todas as persoas solicitantes.


Maís información no teléfono 881 999 567 ( de 8 a 15 horas) ou no email galeuropa@xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario