viernes, 3 de junio de 2011

MOBILIDADE ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA


BOAS NOTICIAS!!!

O pasado xoves 02 de xuño, se publicou na web da OAPEE  a distribución de fondos Erasmus para o curso 2011/2012. O noso centro recibiu financiamento para levar a 5 estudantes de FP de grao superior a desenvolver as prácticas da FCT nalgún país europeo (5 SMP).

Podedes consultar toda a información ao respecto (número de mobilidades, importes das axudas, outros centros concesionarios...) EIQUÍ. Para localizar no documento o noso centro tedes que tomar como referencia o código EVIGO10.

Como podedes ver, o importe total dos fondos concedidos ascende a 5.100 euros, dos cales 750 euros van destinados ao centro para administrar  a organización das mobilidades ( cursos de idiomas, gastos derivados da intermediación...etc). 

O importe restante (4.350 euros) sería o importe total da beca ERASMUS, a repartir entre os 5 beneficiarios (a razón de 870 euros/beca). Tendo en conta que cada mobilidade terá unha duración de 3 meses, o importe da axuda será de 290 euros ao mes. De todos os xeitos, tedes que recordar que habería que engadir as axudas do MEC (aínda por coñecer) e as da Xunta (que se conceden a posteriori).

Recordade que ao longo do mes de xuño se porá en marcha o protocolo de selección de candidatos para desfrutar da SMP. Este protocolo implica a realización dunha proba oral/escrita en inglés e  máis unha entrevista persoal. Na selección dos mellores candidatos se terán en conta a motivación, o coñecemento do idioma e o expediente académico.

Nos vindeiros días os vosos titores vos comunicarán os prazos e requisitos para realizala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario