viernes, 28 de octubre de 2011

AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA O PROGRAMA ERASMUS



O pasado 26 de outubro publicáronse no BOE as axudas complementarias do Goberno ao programa Erasmus. Estas subvencións se constitúen para complementar as axudas que concede a U.E., destinadas aos estudantes inmersos en accións de mobilidade Erasmus (para estudos ou de prácticas) para o curso académico 2.011/2.012. Tede presente que con toda probabilidade, estas axudas serán aboadas con posterioridade ao desenvolvemento do Erasmus e polo tanto, ao regreso da estancia.

Polo que respecta aos importes, segundo esta Orde EDU/2875/2011, de 11 de outubro, aproximadamente serán:
  • Unha cantidade homoxénea , dunha contía máxima de ate 215 euros por beneficiario e mes (en función do número de alumnos e da dispoñibilidade presupuestaria)
  • Unha cantidade adicional dunha contía máxima de até 420 euros por alumno e mes, para aqueles estudantes que sexan beneficiarios dunha beca concedida polo MEC no curso 2010/2011.
Ide botando contas do conxunto de axudas que podedes ir xuntando, para vos facer unha idea xenérica do orzamento xeral co que podedes contar. De todos os xeitos tede ben clariño que case que todas as axudas se conceden posteriormente ao desfrute da beca, así que cómpre ir aforrando!!!
A concesión das axudas será publicada no BOE  e a través de  internet.
Máis info

No hay comentarios:

Publicar un comentario