lunes, 30 de enero de 2012

XORNADAS DE 1º AUXILIOS IES JOHAN CARBALLEIRA 2012



Un ano máis as "Xornadas de técnicas básicas de 1º auxilios" impartidas polo equipo de PROTECCIÓN CIVIL de BUEU no IES Johan Carballeira resultaron todo un éxito.
Aprendimos unha morea de cousas interesantes e de moita utilidade práctica para a nosa vida, ainda  que coma sempre, sabe a pouco. É imprescindible ter unha formación básica, clara e actualizada, para sermos capaces de actuar de xeito dilixente no caso de nos atopar (toquemos madeira) cunha emerxencia.

Agradecemos especialmente a Suso Piedras e Yolanda Martínez a súa profesionalidade, as boas explicacións e coma sempre o bó humor e o dinamismo que fan que estas xornadas sexan tan desfrutadas polos nosos estudantes.

viernes, 27 de enero de 2012

PREMIOS EXTRAORDINARIOS FP GRAO SUPERIOR



Hoxe sae publicada no DOG a Orde do 20 de xaneiro de 2012, pola que se convocan os premios extraordinarios da FP de grao superior correspondentes ao curso 2010-2011.

Poderánse conceder ata 22 premios, un por cada familia de FP que se imparte na CA de Galicia, para aqueles estudantes de grao superior que rematasen os estudos no curso 2010-2011.

Como requisito se esixe ter unha nota media de todos os módulos dun mínimo dun 8,5. Para coñecer a vosa media teredes que facer a media aritmética de todos os módulos cursados, agás de aqueles que se califiquen en termos de apto-non apto, os validados e os exentos. A nota final tense que expresar con 2 decimales, redondeando á centésima máis proxima, e en caso de equidistancia, redondearáse á superior.

O prazo para presentar a solicitude é dun mes a partir do día seguinte á súa publicación no DOG (é dicir,mañán), e os interesados deberán cubir o formulario do Anexo I (publicado nesta orde) xunto coa documentación que se indica, na secretaría do centro onde se cursaron os estudos.

Ademáis da dotación económica (un máximo de 850 euros), o premiado/a recibirá un diploma acreditativo, e o secretario do seu centro de estudos fará constar esta distinción no seu expediente académico. Ademáis, poderá concurrir ao premio extraordinario nacional.


martes, 24 de enero de 2012

OFERTA FORMATIVA DO ISSGA 2012



Un ano máis o ISSGA publica a súa oferta formativa gratuíta de cursos de prevención de riscos laborais de 35 e 60 horas de duración.
Os cursos de 35 horas son presenciais, dunha semana de duración, mentres que os de 60 horas se desenvolven online durante 2 meses. Neste caso, para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación: tempo de conexión, envío das actividades e exercicio final presencial que se celebrará en calquera dos catro centros provinciais do ISSGA.

A 1º tanda de cursos comeza o 27 de febreiro, e o prazo de matrícula ábrese o día 27 de xaneiro.
Se tedes interese debedes estar ben atentos os venres 27 a 1ª hora, porque as prazas voan!!!


WEB DO ISSGA

sábado, 21 de enero de 2012

CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)



O concello de Bueu abriu o pasado xoves 19 de xaneiro o prazo para se inscribir nos cursos preparatorios para obter o CELGA 4. Este curso é totalmente gratuíto, e o prazo de inscrición estará aberto ata o martes 30 de xaneiro.

Este curso terá lugar no IES Johan Carballeira de Bueu, en horario de 20.00 a 22.00 horas, de luns a xoves.
O comezo está previsto para o 12 de marzo, e terá unha duración total de 75 horas.

Todos os interesados deberán inscribirse, indicando os seus datos (nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico) polos seguintes métodos:
  • Por teléfono: 986 324338
  • Por correo electrónico: cultura@concellodebueu.org
  • No servizo de cultura do concello (Pazos Fontela, nº 29, 2º Bueu)
Por outra banda, o concello de Cangas tamén presentou a súa oferta de cursos gratuítos para obter a certificación de lingua CELGA. Os interesados deberán incribirse canto antes na casa de oficios Lorenzo Corbacho na Pedra Alta de Cangas.

viernes, 20 de enero de 2012

CHARLA SOBRE PERSPECTIVAS DE EMPREGO NO METAL

O vindeiro mércores 25 de xaneiro, ás 11.55 horas e na aula 10, terá lugar a charla impartida por Ignacio Chamorro da ASIME sobre " Perspectivas de emprego no sector do metal".
Esta charla está dirixida ao grupos de 1º e 2º curso do ciclo medio de soldadura e do ciclo superior de costruccíóns metálicas.

CURSO 1º AUXILIOS

A vindeira semana terá lugar no IES JOHAN CARBALLEIRA un curso sobre técnicas básicas de 1º auxilios, impartido por Protección Civil Bueu e dirixido ao alumnado de FP e PCPI.

As xornadas, de 3 horas de duración, repartiránse do seguinte xeito:
  • Luns 23: 1º CSCM e PCPI Peiteados. Aula 11. De 08.55 a 11.20 horas
  • Martes 24: 1º CMSC. Aula 12. De 08.55 a 11.20 horas
  • Mércores 25: 1º CMXA e 2º CSAFI. Aula 09. De 11.55 a 14.25 horas.
  • Xoves 26: PCPI Fabricación Mecánica e Pesca. Aula por determinar. De 08.55 a 11.20 horas
  • Venres 27: 2º CM Perrucaría e CM Estética. Aula Estética. De 08.55 a 11.20 horas
Prégase ao alumnado a máxima putualidade e recoméndase levar roupa cómoda.

jueves, 19 de enero de 2012

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2012

Hoxe saiu publicado no DOG a resolución pola que se convocan as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior.

PROBAS DE ACESO A GRAO MEDIO:
  • O prazo de matrícula: A solicitude de inscrición presentaráse por duplicado na secretaría de calquera instituto onde se impartan ciclos de FP, entre o 27 de febreiro e o 09 de marzo.
  • A data da proba é o 25 de maio entre as 09.00 e as 18.00 horas.
PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR:
  • O prazo de matrícula: A solicitude de inscrición presentaráse por duplicado na secretaría de calquera instituto onde se impartan ciclos de FP (agás no Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol), entre o 23 de xaneiro e o 03 de febreiro, segundo o modelo do anexo II recollido na Orde do 2 de decembro de 2008.
  • A data da proba é o 30 de marzo entre as 09.00 e as 18.30 horas.

BOLETÍN PONTE EMPREGO

Onte saiu publicado un novo número do boletín semanal PONTE EMPREGO, iniciativa promovida polo Concello de Pontevedra e da que xa vos falamos en anteriores ocasións.
Trátase dunha interesante ferramenta de orientación e asesoramento académico e profesional, que vos recomendamos encarecidamente, xa que podedes acceder a información sobre ofertas de emprego público e privado, cursos de formación e convocatorias de bolsas, cunha actualización semana a semana.

Aquí vos deixamos o eblace ao ultimo boletín e máis ao facebook e á súa web:

viernes, 13 de enero de 2012

BECAS PARA CURSOS DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA DA UIMP


O Ministerio de Educación  publicou no Boletín Oficial del Estado (BOE) a convocatoria de becas 2012 para participar nos Cursos de Inmersión en Lingua inglesa que organizará a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) entre o 5 de marzo e o 10 de decembro nas súas once sedes.

Trátase de axudas de 728,77 euros cada unha, para seguir un curso de cinco días en réxime de internado, de domingo pola tarde a sábado a mediodía, en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona o Pirineos.

Este programa está dirixido a xóvenes entre 16 y 30 años que estean en idade de prepararse para entrar no mercado de traballo e que dispoñen dun bó nivel de coñecemento teórico e gramatical do inglés, pero non a oportunidade de practicar de forma intensiva a destreza oral e comunicativa do idioma.

Polo tanto, os solicitantes deberán acreditar un nivel medio o avanzado de inglés, tener menos de 30 años a 31 de diciembre de 2012 e a condición de becario para ensinanzas universitarias, ensinanzas artísticas superiores, outros estudos superiores ou Formación Profesional de Grao Superior.

lunes, 2 de enero de 2012

SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL 2012

O pasado 31 de decembro publicouse o Real Decreto 1888/2011, de 30 de diciembre, polo que se establece o salario mínimo interprofesional para 2012. Como xa sabedes, e por mor do contexto económico actual, o governo decidiu manter os importes establecidos para 2011.
Deste xeito, o SMI para calquera actividade na agricultura,  industria e servicios, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores, queda fixado en 21,38 euros/día o 641,40 euros/mes, segundo o salario estea fixado por días ou por meses.