Un ano máis as "Xornadas de técnicas básicas de 1º auxilios" impartidas polo equipo de PROTECCIÓN CIVIL de BUEU no IES Johan Carballeira resultaron todo un éxito.
Aprendimos unha morea de cousas interesantes e de moita utilidade práctica para a nosa vida, ainda que coma sempre, sabe a pouco. É imprescindible ter unha formación básica, clara e actualizada, para sermos capaces de actuar de xeito dilixente no caso de nos atopar (toquemos madeira) cunha emerxencia.
Agradecemos especialmente a Suso Piedras e Yolanda Martínez a súa profesionalidade, as boas explicacións e coma sempre o bó humor e o dinamismo que fan que estas xornadas sexan tan desfrutadas polos nosos estudantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario