O programa ‘Aula Xuventur’, que desenvolve a Consellería de Traballo e Benestar, inclúe actividades relacionadas coa educación ambiental e a creatividade, combinando a aprendizaxe e o tempo de lecer.
O prazo de inscrición para esta iniciativa ábrese hoxe 23 de febreiro e rematará unha semana antes do inicio de cada quenda. As solicitudes poderán presentarse a través da páxina web www.xuventude.net.
Con este programa ofrécense tres módulos de actividades diferenciados en función da temática e das idades dos participantes. ‘Vive o mar, ‘Multiaventura de cine’ e ‘Camiño a Durban’, aínda que vós, maiores de 16 anos, poderedes acceder únicamente a estes dous últimos.
"Multiaventura de cine" terá lugar no albergue xuvenil LUG 2, en once quendas de tres días, entre os meses de marzo e xuño e pretende achegar aos participantes o cine como ferramenta de desenvolvemento de habilidades sociais, creatividade e autocoñecemento, complementando todo isto con actividades de deporte activo. Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas de entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato o primeiro ciclo de grao medio.
‘Camiño a Durban’ consistirá na realización durante tres días dun xogo de rol sobre educación ambiental, tendo como fío condutor o cambio climático, co obxecto de favorecer un achegamento ao concepto de educación ambiental e desenvolvemento sostible, sensibilizar da problemática do cambio climático, as súas causas, efectos e medidas paliativas. Nesta iniciativa poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 14 e 17 anos que estean cursando terceiro e cuarto curso da ESO, primeiro de Bacharelato ou primeiro ciclo de grao medio. Terá lugar no albergue xuvenil de Gandarío, en seis quendas de tres días, entre os meses de marzo a maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario