O CONCELLO DE BUEU ORGANIZA AS "II XORNADAS DIVULGATIVAS SOBRE VIDA SAUDABLE E DEPORTE", QUE SE ARTELLAN EN 2 BLOQUES:
- XORNADAS DIVULGATIVAS E FORMATIVAS PARA OS CLUBES DEPORTIVOS: Os días 21 e 22 de marzo, no Pavillón Municipal, dende ás 20:30 h ata ás 22:30 h. Dirixidas ao persoal dos diferentes clubs deportivos do concello (directivos, socios, delegados, xogadores, patrocinadores,...), profesionais titulados e estudantes dos diferentes ensinos relacionados co deporte (TSAFD, LCAFD, Titulacións específicas, etc).
- XORNADAS SOBRE A SAÚDE: Días 29 e 30 de marzo, no Centro Sociall do Mar de Bueu, de 19:00 h ata as 21:00 h. Van dirixidas a tódalas persoas que que teñan interese na formación e na información sobre a actividade - exercicio físico, alimentación e hábitos saudables.
TODAS AS CHARLAS E COLOQUIOS SON ABERTOS E GRATUÍTOS
As persoas que queiran un certificado de asistencia deberán cumprimentar a folla de inscrición que corresponde a cada xornada. Ademais, deberán asistir o 100% das horas lectivas.
Data límite de inscrición para conseguir o certificado de asistencia:
Concellería de Deportes, r/Pazos Fontenla 29, 2º andar. Teléfono: 986/324-338
deporte@concellodebueu.org
MÁIS INFO NA WEB DO CONCELLO
- II Xornadas divulgativas e formativas para os clubs deportivos- 21 de marzo inclusive
- II Xornadas sobre a saúde- o 28 de marzo inclusive
Concellería de Deportes, r/Pazos Fontenla 29, 2º andar. Teléfono: 986/324-338
deporte@concellodebueu.org
MÁIS INFO NA WEB DO CONCELLO

No hay comentarios:
Publicar un comentario