Se vos estabades a preguntar onde é que están Silvina e Andrea, neste vídeo tedes a resposta. Dende hai dúas semanas están a desfrutar da súa estancia ERASMUS na luminosa Lisboa. A acollida por parte das empresas resultou estupenda, xa están máis que instaladas no seu novo fogar lisboeta e coñecendo cada día un pouquiño máis dos nosos veciños portugueses...
Lisbon Unforgettable. Fonte: www.VisitLisboa.com
Se tras ver este vídeo vos entra (como a mín!) curiosidade e ganas de visitar a cidade, podedes planificar a vosa viaxe a Lisboa a través da web visitlisboa, páxina oficial de turismo de Portugal, que contén consellos moi interesantes para poder moverse pola capital. Se non podedes facer a viaxe, non hai problema, vos podedes sentir como se estivesedes no mesmiño Castelo de San Jorge, grazas ao sistema de visita virtual que esta mesma web ofrece.
Se a experiencia virtual vos sabe a pouco, plantexádevos a posibilidade de facela real para o curso que vén, a través dunha beca ERASMUS. Xa sabedes onde contactarnos para obter máis información:
iesjc.coordinadorerasmus@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario