jueves, 3 de mayo de 2012

CURSOS DE IDIOMAS UVIGO, VERÁN 2012


A Universidade de Vigo oferta para este verán unha serie de cursos de linguas (alemán, chinés, inglés, portugués, francés, italiano, linguaxe de signos, español para extranxeiros...).
Hai unha grande variedade de cursos (de pronunciación, de conversa, cursos intensivos, probas libres, inglés comercial....) e na súa maioría están dirixidos específicamente a futuros estudantes de intercambio (beneficiarios do programa Erasmus ou outros), aínda que a oferta se amplía tamén a maiores de 16 anos interesados na aprendizaxe de idiomas. 

NON É PRECISO SEREN ALUMNO DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

Ao mesmo  tempo, ofértase a posibilidade de realizar probas libres de acreditación de nivel (A1, A2, B1, B2, C1) e un curso intensivo de preparación para obter o B1 en inglés.

PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS CURSOS DISPOÑIBLES, PREZOS E PRAZOS DE MATRÍCULA  AQUÍ.

ESTES CURSOS SON UNHA OPORTUNIDADE BOÍSIMA PARA VÓS. XA SABEDES A IMPORTANCIA QUE TEN COÑECER UN IDIOMA (E PODER ACREDITAR ESE COÑECEMENTO). SABER INGLÉS, ALEMÁN OU CHINÉS PODE SER A CHAVE PARA ATOPAR UN TRABALLO (EN ESPAÑA OU FÓRA DO NOSO PAÍS) E DENDE LOGO É UN REQUISITO DECISIVO PARA PODER ACCEDER A UNHA BECA ERASMUS.
¡¡¡¡APUNTÁDEVOS!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario