Vos xuntamos unha parte do texto da Orde:
Artigo 1. Obxecto.
Convócanse na Comunidade Autónoma de
Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que
finalizase os estudos de bacharelato no curso 2011-2012 nun centro
docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos
establecidos na presente orde.
Artigo 2. Número e características dos premios.
1. Poderanse conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000
€, con cargo á partida orzamentaria 15.05.423A.480.1 do ano 2012, cunha
dotación global de 20.000 €.
3. Estes premios extraordinarios de
bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os
premios nacionais de bacharelato.
4. O alumnado que obteña o premio
extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma
acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o
expediente académico anotaralle nel a distinción.
Artigo 3. Requisitos de participación.
1. Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ter rematados os estudos de
bacharelato no curso 2011-2012 nun centro docente da Comunidade Autónoma
de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e
ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75.
2. Para obter a nota media computaranse
exclusivamente as cualificacións obtidas nas materias comúns, propias da
modalidade e optativas dos dous cursos de bacharelato. Non computará na
obtención da nota media a cualificación da materia de relixión, tendo
en conta o establecido na disposición adicional primeira do Decreto
126/2008, polo que se establece a ordenación e o currículo de
bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. A cualificación será a media
aritmética das cualificacións do conxunto de materias a que se refire o
punto anterior, expresada con dous decimais, redondeada á centésima máis
próxima e, en caso de equidistancia, á superior.
MÁIS INFO NO TEXTO DA ORDE, QUE VOS XUNTAMOS AO COMEZO DO POST.
No hay comentarios:
Publicar un comentario