martes, 12 de junio de 2012

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL


Hoxe 12 de xuño celébrase o Día Mundial contra o traballo infantil. Este ano faise un chamamento sobre o dereito de todos os nenos a seren protexidos do traballo infantil e doutras violacións dos seus dereitos humanos fundamentais.

Segundo a ONU,  na actualidade perto de 215 millones de nenos traballan no mundo, moitos a tempo completo. Non van á escola e non teñen tempo para xogar. Moitos deles non reciben alimentación nin coidados apropiados. Négaselles a oportunidade de ser nenos. Máis da metade están expostos ás peores formas de traballo infantil, como o traballo en ambientes perigosos, a escravitude e outras formas de traballo forzoso, as actividades ilícitas (incluíndo o tráfico de drogas e a prostitución),  así como a súa participación involuntaria en conflitos armados. Temos que acabar con esta situación.

Para máis información podedes acceder á web da ONU

No hay comentarios:

Publicar un comentario