miércoles, 17 de octubre de 2012

BECAS HIGH SCHOOL


A Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié convocan o proceso de selección de bolseiros/as para a realización dun ano académico en Estados Unidos nun instituto High School en lingua inglesa, promovendo a aprendizaxe e intercambio de culturas.
Requisitos:
  • Ter cumprido 15 anos antes do 1 de agosto de 2013.
  • Ser alumno de 4º de ESO nun Centro de Ensino en Galicia.
  • Ter, como media académica, unha media mínima de 7,5 puntos no curso escolar anterior á solicitude (3º de ESO), certificado polo Centro de Ensino.
  • A cualificación da materia de inglés do curso anterior (3º de ESO), deberá ser como mínimo de 7 puntos, certificado polo Centro de Ensino.
Os alumnos pre-seleccionados serán convocados pola Fundación Amancio Ortega e a Fundación Barrié para a realización dunha proba de nivel escrito e de nivel oral e dos seus coñecementos de lingua inglesa.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de novembro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario