martes, 23 de octubre de 2012

FEIRA DE EMPREGO EN PONTEVEDRA


Os vindeiros 7 e 8 de novembro terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a I Feira de Emprego PONTEemprego, onde empresarios, emprendedores e desempregados poderán intercambiar coñecementos para convertir a difícil tarefa de procurar un emprego nun proceso fácil e competitivo. 
Esta feira pretende cumprir obxectivos tanto empresariais como sociais. Por unha banda, será a plataforma perfecta de promoción para as compañías e pola outra, un lugar de encontro para atopar traballo.

Máis información neste artigo da Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario