miércoles, 17 de octubre de 2012

INSCRICIÓN CANDIDATOS A BOLSEIROS ERASMUS

Deixamos á vosa disposición o formulario para vos inscribir no proceso de selección de candidatos ás bolsas Erasmus de prácticas profesionais para a convocatoria 2012/13.

Podedes acceder directamente dende aquí: FORMULARIO DE INSCRICIÓN ou ben a través da web do centro, apartado de programas europeos.
 
A selección de candidatos estará baseada nos seguintes criterios:
  • COMPROMISO CO PROGRAMA ERASMUS (VALORARÁSE NUN 40%)
  • EXPEDIENTE ACADÉMICO (VALORARÁSE NUN 30%)
  • PROBA DE NIVEL DE LINGUA INGLESA (VALORARÁSE NUN 30%)
O proceso de selección estruturaráse en dúas partes:
  • PROBA DE NIVEL DE INGLÉS
  • ENTREVISTA PERSOAL
  • En canto ao EXPEDIENTE ACADÉMICO, valoraráse obtendo a vosa nota media da ponderación das notas finais obtidas en todos os módulos cursados no 1º ano do ciclo.
Próximamente publicaremos as datas de realización das probas.

¡¡¡¡COMEZA A AVENTURA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario