lunes, 8 de octubre de 2012

PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO

O concello de Moaña ven de poñer en marcha o Programa Integrado para o Emprego, coa finalidade de prestar asesoramento na tarea da procura dun emprego.
A través deste programa poderáse ter acceso a un titor persoal, quen prestará axuda aos candidatos na procura de ofertas de emprego e na preparación das entrevistas de traballo. Os participantes poderán recibir ademáis formación especializada en novas tecnoloxías ou no sector da hostelería. Tamén existe a posibilidade de realizar prácticas en empresas.

Máis información

No hay comentarios:

Publicar un comentario