lunes, 21 de enero de 2013

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS




Un ano máis, esta semana terán lugar as "Xornadas de técnicas básicas de 1º auxilios" impartidas polo equipo de PROTECCIÓN CIVIL de BUEU no IES Johan Carballeira.


Protección Civil de Bueu acudirá ao noso centro para impartir un curso básico de primeiros auxilios, dirixido ao alumnado de ciclos de FP e PCPI. Dende este luns 21 de xaneiro, e ate o mércores 30, os grupos das distintas familias profesionais do noso centro recibirán unha formación básica para saber cómo actuar en caso emerxencia. Uns coñecementos que poden ser chave para salvar vidas, e que dende o IES Johan Carballeira, consideramos de coñecemento obrigado para toda a cidadanía.

Agradecer especialmente a Suso Piedras Yolanda Martínez a súa disposición e profesionalidade, as boas explicacións e coma sempre o bó humor e o dinamismo que garanten o éxito, curso tras curso, destas xornadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario