miércoles, 20 de febrero de 2013

CURSOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DA UIMP


O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD) publicou onte no BOE a Resolución pola que se convocan as axudas para participar nos cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Destinatarios:
  • Xóvenes de ata 30 anos, con condición de becarios durante os dous últimos anos en Ensinanzas Universitarias, Artísticas Superiores ou FP de Grao Superior.
  • Mestres e Máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas.
As axudas comprenden todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumnado seleccionado deberá aboar 100 euros á empresa.
Os solicitantes destas axudas teñen un calendario de cursos, do 8 de abril ao 16 de decembro de 2013, distribuidos nas sedes de Valencia (3.015 becas), Madrid (2.070), Santander (1.750), Galicia (1.755), Granada (1.260), Barcelona (1.020), Cuenca (750), La Línea de la Concepción (720), Sevilla (480), Pirineos (480), Tenerife (420) e Cartagena (270).
Todos os grupos constarán de 15 alumnos organizados en catro niveis, cun mínimo de corenta horas lectivas, con profesorado nativo e asistentes de conversa, e recibirán un diploma acreditativo da UIMP, sempre que se superen as probas que se establezan e se asistan a todas as sesións. 
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de cinco días e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
Os aspirantes ás becas poden consultar toda a información detallada na dirección www.mecd.gob.es, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, no apartado correspondente a ‘Trámites y Servicios’.  
Os datos relativos á realización do test de nivel, cursos, elección de sede e semana, están dispoñibles na web da UIMP: www.uimp.es.
O prazo para solicitar estas axudas estará aberto dende hoxe ata o vindeiro 14 de marzo.
Máis información no BOE do 19 de febreiro de 2013 e en www.uimp.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario