miércoles, 6 de febrero de 2013

EMPREGO PÚBLICO EN BUEU

O Concello de Bueu vén de publicar as bases para cubrir unha praza de administrativo-Xefe de Negociado de Intervención, por funcionario interino.

Requisitos:
  • Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do12 de abril, do estatuto básico do empregado público para os nacionais doutros Estados da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados nos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, nos termos en que estea definido no Tratado Constitutivo da Unión Europea.
  • Ter cumpridos 18 anos de idade.
  • Estar en posesión do título de bacharelato ou formación profesional de segundo grado ou equivalente, ou en condicións de obtelo na  data en que remate o prazo de presentación de instancias. 
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.
  • Non atoparse inhabilitado ou inhabilitada penalmente para o exercicio de funcións públicas.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario de calquera administración ou emprego público.
BASES DA CONVOCATORIA
MODELO DE INSTANCIA

No hay comentarios:

Publicar un comentario