MEDIDAS DO GOBERNO PARA FOMENTAR O EMPREGO E O EMPRENDIMENTO
Entre estas medidas están iniciativas tais como:
- "Primer empleo joven". As empresas poderán celebrar contratos temporais con desempregados menores de 30 anos, que non teñan experiencia laboral ou ésta sexa inferior a tres meses. Trátase dunha modalidade de contrato eventual, na que se considerará causa do contrato a adquisición dunha primeira experiencia profesional. A duración mínima do contrato será de tres meses e a máxima de seis, salvo que se estableza unha duración superior por convenio colectivo (cun máximo de 12 meses).
- Ampliación do prazo para facer un contrato de prácticas. Lembrade que ata o de agora o prazo era de 5 anos dende o remate dos estudos. Con esta modificación o límite será a idade do traballador (30 anos). Este contrato terá unha bonificación do 50% na cuota empresarial (por continxencias comúns) á Seguridade Social. Así mesmo, permitiráse encadear as prácticas non laborais có contrato de prácticas, sempre que o traballador teña menos de 30 anos.
- Incentivos á contratación a tempo parcial con vinculación formativa. Establécense unhas reduccións da cuota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns, vinculadas a que o traballador (menor de 30 anos) continúe compatibilizando emprego con formación, ou xustifique tela cursado nos seis meses anteriores. A formación, non terá que estar específicamente relacionada có posto de traballo nin tampouco ser impartida pola empresa.
- Contratación indefinida dun xoven por microempresas e empresarios autónomos. As microempresas, incluidos os traballadores autónomos, que contraten de xeito indefinido a tempo completo ou parcial, a un desempregado menor de trinta anos, terán dereito a unha reducción do 100 por cen da cuota empresarial á Seguridade Social por continxencias comúns durante o 1º ano de contrato.
- Incentivos á contratación en novos proxectos de emprendimento xoven. Os traballadores por conta propia menores 30, terán unha reducción do 100 por cen da cuota empresarial da Seguridade Social, durante doce meses, se contratan a persoas desempregadas de idade igual ou superior a cuarenta y cinco anos.
- Tarifa plana de autónomos para emprendedores menores de 30 anos (35 anos para as mulleres).
- Compatibilización da percepción da prestación por desemprego có inicio dunha actividade por conta propia, para menores de 30 anos.
- A protección fronte a continxencias profesionais (que inclúe a cobertura da protección por cese de actividade) terá carácter voluntario para os traballadores por conta propia menores de 30.
- .As ETT poderán facer contratos para a formación. Lembrade que, como xa vimos en FOL, as ETT non podían facer contratos formativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario