viernes, 22 de marzo de 2013

AXUDAS DA XUNTA PARA CICLOS SUPERIORES EN FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS


Hoxe publicouse no DOG a ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
Actividades de formación convocadas
1. As actividades que responden ao obxecto desta orde, son actividades de formación e mobilidade para a mellora na competencia no uso das linguas estranxeiras.
2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2013.
3. A xestión e organización das actividades levaranse a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas para o efecto pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo as contías establecidas no anexo VI desta orde.
4. O custo total de cada actividade inclúe:
• Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, para o alumnado que viaxe ao estranxeiro.
• Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade, desde o momento da saída ao do regreso.
• Os gastos de docencia e o material escolar.
• As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
• Os gastos de mantenza e aloxamento.
• O certificado de realización da actividade.
• O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Persoas beneficiarias e requisitos
a) Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria; 1º ou 2º de bacharelato e ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2012/13, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2011/12.
c) Ter acadado no curso 2011/12 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
e) Non estar incursos nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazas ofertadas para ciclos formativos
Achega das familias (€)
Modalidade
Duración
Réxime de aloxamento
Nº de prazas
Custo por praza (€)
Grupo A
Grupo B
Grupo C
Grupo D
Ciclos formativos superiores de formación profesional

5
Inglés en Canadá
3 semanas
Familia
5

2.360
355
590
1.065
1.420
A puntuación se asignará segundo aos seguintes criterios:
    1º Renda per cápita conforme a seguinte táboa:
Tramos de renda per cápita da unidade familiar
Ata 3.962 euros
20 puntos
Superior a 3.962 e inferior a 7.606
16 puntos
Superior a 7.606 e inferior a 10.222
12 puntos
Superior a 10.222 e inferior a 11.450
8 puntos
Máis de 11.450
4 puntos
2º Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.
3º Discapacidade dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao igual ou superior ao 33 % ou pensionista de grande invalidez: 2 puntos.
4º Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 22 de febreiro de 2012 (DOG do 5 de marzo): 1 punto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario