viernes, 8 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de traballadoras do textil tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York para protestar polas míseras condicións nas que traballaban. Esta valente decisión foi a punta de lanza de moitas outras movilizacións.
O 5 de marzo de 1908, Nova York foi de novo o escenario dunha polémica folga: Un grupo de mulleres alzou a súa voz para reclamar a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral (a 10 horas) e un tempo para poder dar amamantar aos fillos.
Durante esta folga, máis dun cento de mulleres morreron queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuíu ao propio dono da fábrica, como resposta á folga.
En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.
Este día conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en condicións de igualdade có home, na sociedade e no seu propio desenvolvemento persoal.
En 1977 a Asamblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) proclamou o 8 de marzo como Día Internacional polos Dereitos da Muller.
O tema deste ano 2013 está centrado na violencia contra a muller: Unha promesa é unha promesa: momento de pasar á acción para acabar coa violencia contra as mulleres.
Celebremos pois esta data, sen esquecer que queda moito camiño por andar!!
Vos deixamos con outra muller guerreira!








No hay comentarios:

Publicar un comentario