lunes, 1 de abril de 2013

PROBAS LIBRES PARA OBTER O TÍTULO DE TÉCNICO DE FP

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará este ano por primeira vez as probas libres para a obtención do título de técnico e técnico superior de Formación Profesional, de tal forma que as persoas que superen estes exames poidan obter a correspondente titulación unha vez realicen o módulo de formación en centros de traballo (FCT) e, no caso dos ciclos de grao superior, o de proxecto. 

O prazo de inscrición estará aberto os 10 últimos días hábiles do mes de abril, e os exames realizaranse no mes de xuño

O obxectivo é que, de non superaren todos os módulos, os candidatos poidan matricularse no curso 2013/2014 nas materias restantes para obter a titulación. Así mesmo, deberán matricularse nos módulos de FCT e mais de proxecto – no caso dos ciclos formativos de grao superior- para poder obter o título. Estes dous últimos módulos só poderán cursarse logo de alcanzada a avaliación positiva no resto das materias.

As persoas adultas que acrediten unha experiencia laboral equivalente a 2 anos de traballo a tempo completo (nunha actividade directamente relacionada co sector profesional do ciclo no que se desexen titular) poderán inscribirse nas probas (se houbera vacantes ao remate do proceso de admisión) aínda que non cumpran os requisitos esixidos – ter 18 anos para o título de técnico, 20 para o de técnico superior-  aos aspirantes.

MÁIS INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario