O pasado xoves abriuse o prazo de presentación de solicitudes para a I edición do Programa de Becas de Leroy Merlin para os mellores estudantes de Formación Profesional de Galicia.
Os alumnos
seleccionados desenvolverán o seu período de prácticas formativas na tenda de Leroy
Merlin en Santiago de Compostela, dende comezos do mes de xuño ata finais de
setembro. As bolsas terán unha remuneración de 350 euros mensuais.
A compañía oferta 15 bolsas dirixidas a alumnos de Formación Profesional no derradeiro curso ou que teñan rematado os seus estudos en 2012, nas seguintes especialidades:
instalacións eléctricas e automáticas, madeira, moble e corcho, soldadura, comercio e marketing.
No hay comentarios:
Publicar un comentario