miércoles, 1 de mayo de 2013

DÍA DO TRABALLO 2013



Hoxe, Primeiro de Maio, é o día da festa dos traballadores, unha data tradicionalmente empregada para realizar diferentes reivindicacións laborais e sociais. 
Hai 80 manifestacións convocadas en todo o país, para reivindicar unha política laboral máis efectiva, que nos permita saír da situación catastrófica na que nos atopamos, coa escalofriante cifra de 6.200.000 parados.
Celebramos o dia do traballo nesta data coma homenaxe aos Mártires de Chicago. Estes sindicalistas foron executados en EEUU pola súa participación nas xornadas de reivindicación da xornada laboral de oito horas, que tiveron a súa orixe nunha folga  iniciada o 1 de maio de 1886, e o seu momento chave o 4 de maio, na Revolta de Haymarket
Se queredes saber un pouco máis sobre esta historia, podedes consultalo  neste enlace da UGT

No hay comentarios:

Publicar un comentario