viernes, 10 de mayo de 2013

PASARELA: PROGRAMA DE PRÁCTICAS PARA TITULADOS DE FP DE GRAO SUPERIOR


Dende o 8 de maio  e até o 31 de decembro, tedes a oportunidade de inscribirvos como candidatos ao programa PASARELA.

O programa pasarela é unha iniciativa da Universidad Rey Juan Carlos e da Fundación Universidad-Empresa, cuxo obxectivo é  dotar  a recén titulados de formación profesional de grao superior das capacidades que lles convirtan no CANDIDATO DEZ.

Este programa combina a impartición dunha formación complementaria de nivel universitario coa posibilidade de realizar prácticas laborais remuneradas nunha empresa, desenvolvéndose do seguinte xeito: 
  • PROGRAMA PRÁCTICO: 12 meses de prácticas remuneradas nunha gran empresa, cun mes de vacacións, en xornada completa. 
  • PROGRAMA FORMATIVO: 80 horas de formación na Universidade Rey Juan Carlos, impartidas de xeito intensivo en 2 bloques dunha semana de duración. 

REQUISITOS DOS CANDIDATOS
1. Ser cidadán español ou extranxeiro con permiso de residencia.
2. Ter obtido o Título de Formación Profesional de Grao Superior nos cinco anos anteriores á convocatoria das becas.
3. Ter menos de 30 años.
4. Non ter desempeñado traballo profesional algún relacionado coa súa titulación, acollido a calquera das modalidades de contratación laboral.
5. Non ter obtido anteriormente praza no Programa, ou en programas análogos. 

DOTACIÓN DA BECA
Os candidatos admitidos recibirán unha axuda ao estudo de 700 euros brutos mensuais durante o desenvolvemento da beca. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario