martes, 19 de noviembre de 2013

AVISO PARA EX-ALUMNOS/AS DOS CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DA FAMILIA DE ADMINSTRACIÓN E FINANZAS

BOLSA PARA UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO NA OFICINA DA FGE EN BRUXELAS

A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación para a realización de prácticas de auxiliar administrativo, na súa oficina en Bruxelas durante o ano 2014.
A bolsa terá unha duración de 11 meses, comezando o/a bolseiro/a as súas prácticas o 20 de xaneiro de 2014 e finalizándoas o 19 de decembro de 2014.
REQUISITOS:
  • Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea.
  • Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31 de decembro de 2011.
  • Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos de Formación Profesional: Técnico en xestión administrativa, Técnico superior en secretariado ou Técnico superior en administración e finanzas (ou titulación equivalente), obtidos con posterioridade ao 31 de decembro de 2006.
  • Acreditar un coñecemento de inglés ou francés equivalentes ao nivel B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas do Consello de Europa.
CONTÍA DA AXUDAA contía bruta individual da axuda para todo o período será de 13.620,00 euros. Establécese, tamén, unha axuda individual complementaria de 350,00 euros en concepto de gastos de viaxe que se aboará unha vez comezadas as prácticas. O pago da bolsa dividirase en 12 mensualidades.

SOLICITUDE: A solicitude deberá presentarse no formulario anexo á convocatoria, xunto co Currículum Vitae en formato Europass, DNI ou documentación equivalente e libro de familia ou certificado de empadroamento, e máis a documentación, en copia simple, que acredite o cumprimento dos requisitos de admisión sinalados no apartado IV e a relación de méritos que se indican no apartado VIII.2.

No hay comentarios:

Publicar un comentario