viernes, 14 de marzo de 2014

GALEUROPA: PRÁCTICAS LABORAIS NO ESTRANXEIRO

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o programa Galeuropa dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados membros da Unión Europea, agás España.
As prácticas terán unha duración de 8 semanas cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.
Requisitos:
  • Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
  • Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
Titulación:
  • Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
  • Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
PRAZO ABERTO ATA O 28 DE MARZO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario