Hoxe publicouse na web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a convocatoria de axudas para promover e axudar a financiar proxectos empresariais
que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas
desempregadas menores de 30 anos e de 30 ou máis anos de idade que pretendan desenvolver a
súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras
autónomos ou por conta propia.
Subvencionaránse as
altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que,
cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1
de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos inclusive.
Prazo de presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de
solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2014.
Máis información sobre os requisitos e a forma de tramitar as solicitudes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario