martes, 28 de octubre de 2014

¿CÓMO INFLÚE O ERASMUS NA VIDA DUN ESTUDANTE?

Pois respostar a esta pregunta era precisamente o obxecto dun estudo encargado pola Comisión Europea, é dicir, determinar cómo o programa Erasmus ten influído na mocidade europea.
Para levalo a cabo, se teñen analizado as respostas de máis de 75.000 estudantes e antigos alumnos, entre elas as de máis de 55.000 que  estudaron ou se formaron no estranxeiro. Ademáis, cinco mil  traballadores, mil centros de ensino superior y seiscientos cincuenta empresarios (un 55 % de pymes) participaron nas enquisas en liña. O estudo cualitativo está centrado en oito países, bastante diferentes en canto a tamaño e zona:  Alemania, Bulgaria, Chequia, España, Finlandia, Lituania,  Portugal e Reino Unido.

O RESULTADO? Claramente a participación nun programa de mobilidade Erasmus  favorece a empregabilidade, a inserción laboral e a mobilidade internacional dos estudantes. Unha razón de peso para plantexarse a participación nas accións Erasmus que o noso centro desenvolve.

GO ERASMUS!


VISITA ALEMANA AO JOHAN CARBALLEIRA


Como sabedes, a semana pasada tivemos a visita no centro dun grupo alemán de intercambio procedente de Harsewinkle. Tocábanos corresponderlles como anfitrións, tras a marabillosa acollida que nos deron o pasado xullo na súa terra.

A axenda do grupo estivo cargadísima, e como o tempo nos acompañou, mesmo tiveron  a oportunidade de darse un baño nas nosas praias e desfrutar a tope da bela paisaxe e da gastronomía. Precisamente vos deixamos o enlace a unha noticia do Faro de Vigo do pasado venres, cando tras asistir á subasta do peixe na lonxa, acudimos a un showcooking organizado polo Concello de Bueu na praza de abastos. Alí nos explicaron cómo cociñar mexilóns e tivemos a oportunidade de degustar pratos típicos da terra.
Todo moi rico por certo, a visita á praza de abastos de Bueu resulta imprescindible!!

Aproveitamos para darlle as grazas ao Concello de Bueu por organizar unha actividade de tanto interese e polas atencións recibidas. Por suposto, agradecer á profesora Urte Rose de Vries e ás súas estudantes de español achegarse estes días a Bueu para coñecer un pouquiño da nosa terra e da nosa cultura.

domingo, 15 de junio de 2014

BECAS EN EUROPA PARA NON TITULADOS: PROGRAMA LA IDA


Oferta de 10 prazas para a realización de prácticas laborais en Alemaña durante unha estancia de 4 semanas a partir do mes de outubro de 2014.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de carácter transnacional  La IDA do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais alemán, que a Fundación Paideia desenvolve en colaboración co IBI (Institut für Bildung in der   Informationsgesellschaft e. V.) e cofinanciada pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 

Datos xerais:

  • Saída prevista: outubro 2014
  • Duración da estancia: 4 semanas
  • Localización: Wernigerode (Alemaña)
  • Prazas: 10
Sectores de prácticas priorizados: metal, xardinería, impresión gráfica, comercio e gastronomía.
Destinatarias/os:
Mozos e mozas galegas con idades entre os 18 e 30 anos de idade no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que cumpran os seguintes requisitos:
  • En situación de desemprego laboral superior a seis meses
  • Sen titulación académica ou con titulación equivalente ou inferior ao ciclo medio de formación profesional.
Cobertura:
  • Curso de preparación lingüística e intercultural 
  • Manutención e aloxamento en cuarto de uso múltiple.
  • Viaxe de ida e volta.
  • Seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
  • Transporte local no lugar de realización das prácticas.
  • Mediador transnacional e titor de contacto hispanofalante durante toda  a estadía.
Formación:
Antes da  saída: sesións formativas e informativas de asistencia obrigatoria.
Durante a estancia en Alemaña: prácticas laborais non remuneradas  en empresas, curso de iniciación ao alemán e actividades culturais/deportivas 
Á chegada: avaliación e elaboración do informe final obrigatorios
Solicitudes:
As solicitudes deben presentarse a través do formulario electrónico dispoñible ao final desta convocatoria.
prazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.
Máis información
Na web de xuventude, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

PROGRAMA DE BECAS PARA FP - EUROGAL

Oferta de 45 prazas de Leonardo da Vinci (PLM) para a realización de prácticas laborais non remuneradas en seis países da Unión Europea a partir do mes de setembro de 2014, no marco do proxecto “Europeizando Galicia”, EUROGAL.

Destinatarios/as:

  • Ter entre 18 e 30 anos de idade, no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  • Ser galegos/as residentes nun concello de Galicia
  • Ter titulación universitaria ou de formación profesional nos sectores especificados segundo o país de realización da estadía.
  • Non ter sido beneficiario de ningunha  outra bolsa Leonardo da Vinci PLM

Destinos: Cork, Praga, Burdeos, Arezzo, Cracovia y Budapest.

Cobertura: As bolsas cobren estancias de 12 semanas de duración a realizar  partir do mes de setembro de 2014 que inclúen:
  • Formación lingüística e cultural
  • Período de formación en prácticas laborais non remuneradas no país de destino nunha empresa relacionada co sector profesional de cada participante.
  • Aloxamento en cuarto de uso múltiple
  • Seguro de responsabilidade civil.
  • Axuda para os gastos da viaxe de ida e volta a custo real ata un máximo de 250 euros, cantidade que será aboada ao beneficiario/a no momento de volta, previa xustificación.
  • 300 € en concepto de axuda a manutención

Solicitudesprazo de inscrición está aberto ata o 30 de xuño de 2014 ás 23:59 horas.

Máis información: na web de xuventude galicia, no correo electrónico mobilidadexuvenil@xunta.es e nos números de teléfono: 881 999 567/ 981 544 645, en horario de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

martes, 27 de mayo de 2014

AXUDAS DA XUNTA PARA O FOMENTO DO EMPREGO AUTÓNOMO


Hoxe publicouse na web da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia a convocatoria de axudas para promover e axudar a financiar proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas menores de 30 anos e de 30 ou máis anos de idade que pretendan desenvolver  a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos  ou por conta propia. 

Subvencionaránse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos inclusive.

Prazo de presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2014.

Máis información sobre os requisitos e a forma de tramitar as solicitudes: