jueves, 20 de enero de 2011

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FP (II)

No D.O.G. de hoxe (nº 13), 20 de xaneiro, vén publicada a Resolución do 11 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan de xeito ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2011.

Nela poderedes consultar todo o relativo a estas probas: datas de realización, requisitos para a súa realización, estrutura da proba, exencións totais ou parciais...etc.

Tamén o poderedes consultar de xeito moi clariño neste enlace. Se tedes dúbidas respecto aos contidos e criterios de avaliación das probas, consultade eiquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario