As políticas de Formación Profesional na Unión Europea (UE) teñen por obxecto o desenvolvemento sostible dos recursos humanos nos Estados membros, países asociados e veciños, coa finalidade de facilitar e garantir a libre circulación dos traballadores, o pleno emprego dos seus cidadáns e a creación dun mercado laboral europeo. Trátase de asegurar máis e mellores empregos na UE e facilitar a movilidade de estudantes, formadores, titores, traballadores e pequenos e medianos empresarios.
Neste contexto se enmarcan os programas de mobilidade europea.
Se estedes interesados en participar nalgunha das súas modalidades, non o dubidedes, resultarán un complemento de calidade no voso itinerario académico e profesional, ademáis dunha importante experiencia para o voso desenvolvemento persoal.
Hai unha grande variedade de opcións de mobilidade, dun xeito xenérico vos imos indicar cáles son os programas nos que podedes participar (recordade que o noso centro é titular da Carta Erasmus dende hai un mes, así que xa podemos empezar a xestionar estas iniciativas!).
Existen os seguintes programas de mobilidade dirixidos a estudantes de formación profesional:
Durante o período de estudos:
- Os estudantes de Programas de Cualificación Profesional Inicial e de Formación Profesional que cursan Ciclos Formativos de Grao Medio, poderán realizar prácticas de empresa a través dunha organización de acollida no outro país participante: Programa Leonardo: Estadías transnacionais en empresas ou centros de formación.
- Os estudantes de Formación Profesional de Ciclos Formativos de Grao Superior teñen diferentes opcións:
- Programa Erasmus: Mobilidade de estudantes con fins de estudo. Permite desenvolver un periodo dos estudos de FP (entre 3 e 12 meses) noutro centro educativo dun país participante no programa.
- Programa Erasmus: Estadías de estudantes en empresas, centros de formación, centros de investigación e outras organizacións. Permite permanecer durante un periodo de tempo nunha empresa doutro Estado Membro, que che servirá para adquirir unha serie de aptitudes específicas e comprender o entorno económico e social do país, ao tempo que acadarás experiencia laboral. Este programa ten como obxectivo facilitar a túa incorporación ao mercado laboral.As Organizacións de acollida para as prácticas poden ser empresas, centros de formación, centros de investigación e outras organizacións.
- Programa Erasmus: Cursos intensivos de idiomas. Estes cursos van dirixidos a estudantes que foron seleccionados para realizar unha beca de mobilidade Erasmus ( de estudos ou de prácticas) nalgún país participante no programa Erasmus cuxa lingua oficial sexa unha das menos empregadas/ensinadas na UE ( como por exemplo o italiano, o portugués, o finés, o turco...). Se trata de cursos específicos e intensivos (entre 2 e 6 semanas antes de iniciar o programa) de inmersión, a un nivel de principiante, na lingua do país de destino.
Unha vez finalizado o período de estudos:
- Programa Leonardo: Estadías transnacionais en empresas ou centros de formación para persoas que xa estean no mercado laboral. Este programa vai dirixido a recén titulados de FP (grao medio ou superior) ou ben titulados universitarios, así como a persoas que estean no mercado laboral. Se trata de realizar un periodo de prácticas (non as da FCT, non vos confundades, xa que vai dirixido a persoas que xa teñan o título e que polo tanto xa teñen superado o módulo de prácticas na empresa). Estas prácticas son non remuneradas e cunha duración aproximada de entre 2 e 26 semanas ,nunha empresa dalgún país participante no programa. Actualmente a Xunta de Galicia ten aberta unha convocatoria para estadías en empresas de Holanda, Italia, Francia, República Checa e Irlanda. Podedes consultar as bases da mesma eiquí.
Outros programas para a xuventude:
Para máis información podedes consultar na páxina web específica para a F.P. do Ministerio de educación , www.todofp.es, neste enlace ou ben directamente na web do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos ( OAPEE ).
Animádevos a presentar a vosa condidatura a estes programas, engadiredes un plus diferencial de calidade aos vosos currículos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario