sábado, 26 de febrero de 2011

I XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL


Os vindeiros días 01, 02 e 03 de marzo, terán lugar no Auditorio de Cangas as primeiras xornadas de orientación académica e profesional, orientadas ao alumnado de PCPI, 4º da ESO, Bacharelato e ciclos de FP. As charlas serán de grande utilidades para coñecer todo o que queirades saber sobre a oferta de estudos de FP (grao medio e superior), os graos universitarios e o acceso ao mercado laboral. Se queredes máis información sobre os horarios, os contidos das charlas e os poñentes, consultade aquí.
O alumnado da ESO, Bacharelato e 1º de PCPI, acudirá nos horarios e autobuses dispostos polo centro.
O alumnado de ciclos, 2º PCPI e Adultos, poderá acudir pola súa conta, sempre e cando se inscriban nos listados de asistencia que dispuxo a dirección, para así xustificaren a súa ausencia das aulas.

Animádevos, A INFORMACIÓN É PODER!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario