jueves, 10 de marzo de 2011

BECAS PARA APRENDER IDIOMAS



No BOE do pasado martes 28 de febreiro, publicáronse a convocatoria de axudas para realizar cursos no extranxeiro de diversas linguas, concretamente francés, alemán e inglés. Especial interese ten esta última convocatoria, xa que vai dirixida a estudantes de formación profesional de entre 16 e 30 anos, que teñan a condición de becarios para o presente curso. Os destinos son: Australia, Canadá, EEUU, Malta, Nueva Zelanda, Reino Unido e Irlanda, e as axudas oscilan entre os 1.700 e os 2.600 euros.
Pode ser un bó empurrón no desenvolvemento do voso itinerario profesional, non subestimedes a importancia dos idiomas no ámbito do mercado laboral e da vosa promoción profesional, xa que é un factor diferencial que aporta competitividade ao voso curriculum.
O prazo de solicitude remata o día 30 de marzo. Podedes consultar as bases e facer a inscrición AQUÍ.
Animádevos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario