viernes, 18 de marzo de 2011

ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE A FP DE GRAO SUPERIOR


Como vos contamos con anterioridade, até agora o acceso do alumnado de grao superior á universidade era directo. As persoas que dispoñían dos títulos de técnico superior de formación profesional, técnico superior de artes plásticas y deseño, ou técnico deportivo superior (ou títulos equivalentes), podían acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de Grao.

A efectos de ordenar as solicitudes para a  adxudicación de prazas se empregaba unha nota de admisión que coincidía coa nota media do ciclo formativo.
(Nota de admisión = NMC. NMC: Nota media do ciclo formativo: suma das cualificacións numéricas dos módulos, cualificados de 1 a 10, sen decimais, e dividindo o resultado obtido polo número total dos módulos.). Non se computaban a tal efecto os módulos de formación en centros de traballo e os que fosen obxecto de validación.

Esta normativa segue en pé, pero como ben sabedes, dende o cuso pasado a Selectividade ten cambiado. Agora  o alumnado de bacharelato pode concurrir á realización dunha proba específica, chegando a sumar até unha cualificación máxima de 14 puntos. Isto supón un agravio comparativo respecto ao alumnado procedente de FP, xa que a súa nota media non pode exceder de 10 puntos.

Ésta é a razón pola cal na Orden EDU/3242/2010, de 9 de diciembre, (BOE 307, de 17 de decembro de 2010), se determinou que  o alumnado que estea en posesión dun título de técnico superior de FP poderá realizar tamén esa fase específica da proba de acceso á universidade. 
Esta proba específica será a mesma que ten que realizar o alumnado procedente de segundo de bacharelato, e polo tanto o temario da mesma será o establecido para o currículo das materias de modalidade de segundo de bacharelato, de acordo coa distribución establecida polas administracións educativas. Podedes consultar a a vinculación entre os ciclos de FP que fixestes e a vía de bacharelato que vos corresponde EIQUÍ. Para que as materias de modalidade computen no cálculo da nota de admisión, deben estar adscritas á rama de coñecemento do grao ao que se quere optar. Consúltao neste enlace.

Este cambio normativo amosa boas intencións, de cara a garantir a igualdade nas condicións de acceso á universidade entre bacharelato e a FP, pero claramente isto é imposible, xa que mentres que o alumnado de bacharelato adica todo un curso á preparación desta proba, o alumnado de 2º dun ciclo superior ten que compatibilizar os estudo dos seus módulos correspondentes, as prácticas da FCT e o módulo de proxecto, coa preparación destas probas específicas. Claramente non se pode falar de condicións de igualdade.
RECORDADE: ESTA PROBA NON É OBRIGATORIA, pero será imprescindible para os estudos universitarios que teñan moita demanda.

En calquera caso, a proba será realizada conxuntamente cós bacharelatos e, coa finalidade de poder compatibilizar os calendarios de celebración das probas de acceso ás ensinanzas universitarias de grao coa finalización do curso académico, será suficiente aportar unha certificación académica oficial na que conste: a superación de todos os módulos que compoñen o ciclo formativo de que se trate, a excepción da Formación en Centros de Traballo e, no seu caso, do módulo de proxecto (o acceso á universidade quedará condicionado á superación posterior destes dous módulos).

Validacións FP/Universidade:

Como  sabedes, o título de grao superior en FP non só permite o acceso á universidade, senón que ademáis a posesión do mesmo che permite a convalidación dalgunhas das materias do Grao universitario que estudes. Consulta as posibles convalidacións segundo os diversos graos e facultades de Galicia neste enlace.

Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario