lunes, 21 de marzo de 2011

CHARLA SOBRE PERSPECTIVAS DE EMPREGO NO SECTOR DO METAL

O vindeiro XOVES 24 DE MARZO, terá lugar no instituto unha charla da ASIME (Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia) sobre o mercado laboral no sector da fabricación mecánica
Esta charla non só estará focalizada ás perspectivas de emprego na provincia ou na CCAA, senón tamén ás opcións de empregabilidade dentro e fóra do país.
A charla terá lugar na Aula 12 (2º CS Costrucións Metálicas) ás 12.00 horas, e estará dirixida aos grupos de 2º curso do ciclo medio de soldadura e caldeiraría e 2º do ciclo superior de costrucións metálicas, que xa están a piques de deixar o centro para lanzarse á aventura de atopar un posto de traballo.
Agardamos que vos sexa de utilidade!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario