jueves, 28 de abril de 2011

CAMPOS DE TRABALLO: UNHA BOA OPCIÓN PARA O VERÁN


O  pasado martes 26 de abril abriuse o  prazo de inscrición para solicitar praza nos campos de traballo que se desenvolven en Galicia, noutras comunidades autónomas e nun total de 19 países do estranxeiro. Ésta é unha boísima oportunidade para pasar unha tempada coñecendo xente e lugares novos, ademáis de facer unha laboura útil e solidaria.

Os campos de traballo son actividades encamiñadas a fomentar a convivencia, a participación e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración voluntaria en distintos traballos. De feito, estes proxectos poden estar centrados en distintas temáticas. Os campos de traballo que se ofrecen este ano son: culturais e etnográficos; ambientais; de construción e restauración; sociais e arqueolóxicos.

A oferta comprende campos de traballos, en Galicia, en territorio nacional e mesmo en campos de traballo internacionais:
  • No que se refire concretamente aos campos de traballo en Galicia, a Xunta oferta un total de 260 prazas en 11 campos distintos, dirixidas a mozos e mozas galegos, doutras comunidades autónomas e, cando o campo de traballo é internacional, para a mocidade de países estranxeiros. Mentres existan vacantes, estas prazas en campos galegos poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade. As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo e agosto. Os 11 campos de traballo terán lugar, en distintas quendas, en: Cabana de Bergantiños (A Coruña); Rois (A Coruña); Narón (A Coruña); Palas de Rei (Lugo); Vilar de Barrio (Ourense); Ourense; e Illas Cíes (Pontevedra).
  • Por outra banda, os campos de traballo para outras comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres haxa vacantes, ata o 18 de maio. Así, os interesados terán á súa disposición prazas en: A Rioxa, Andalucía, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Madrid, Melilla, Navarra, País Vasco e Valencia.
  • Finalmente, para as prazas no estranxeiro (que son as máis demandadas) aquelas persoas que queiran participar terán que inscribirse antes do 12 de maio, ou ese mesmo día, sempre que haxa prazas libres. En total, ofértanse prazas en 19 países. En concreto, os países nos que se poderá optar praza son: Alemaña, Armenia, Austria, Corea do Sur, Estonia, Francia, Grecia, Islandia, Italia, Lituania, Marrocos, México, República Checa, Rusia, Serbia, Taiwan, Turquía, Ucraína e Xapón.
As inscricións poderanse realizar na propia Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar, ou no ben nos servizos de xuventude das xefaturas territoriais, tanto persoalmente ou por teléfono, de luns a venres. A oferta completa pode consultarse no apartado de “Acción de Verán” na web http://www.xuventude.net/.

ANIMÁDEVOS!!!

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar