Cada ano, governos, empregadores e traballadores celebran o 28 de abril o Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo. O tema deste ano é: “Sistema de gestión de la Seguridad y Salud en el Trabajo (SST): una herramienta para la mejora continua”.
O progreso é de feito, moi necesario: dacordo con datos da OIT, cerca de 337 millóns de accidentes e 2,3 millóns de mortes ocurren cada ano, é dicir, 6.300 mortes ao día.
Este ano está caracterizado polos duros efectos da crise económica que estamos padecendo dende finais de 2007, xa que a necesidade de crear empleo propicia que outras obrigas ou deberes para cós traballadores cedan en importancia
En España falecen cada día 2 traballadores como consecuencia da súa actividade laboral, 13 sofren un accidente de traballo grave durante a súa xornada e 1.503 un accidente leve. Igualmente, cada día 46 persoas son vítimas dunha enfermidade profesional en España. Todo elo sumado a un crecente subrexistro de enfermidades e ocultación de danos. Polo tanto, sen un sistema ben asentado de prevención, coa implicación de todos os partícipes, non obteremos uns resultados onde a ausencia de dano sexa o obxectivo da excelencia.
Se queredes saber máis sobre as campañas preparadas para este día podedes consultar nos seguintes enlaces:
- Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA)
- Información estatística da siniestralidade laboral (Galicia, marzo 2011)
- Agencia Europea para la Seguridad y la Salud en el Trabajo, OSHA
- El sitio web de la OIT sobre el 28 de abril
No hay comentarios:
Publicar un comentario