jueves, 7 de abril de 2011

DE BALNEARIOS


 Mañá venres o alumnado dos ciclos de perrucaría e de estética sae do centro para facer unha saída educativa. O seu destino será o Balneario de Cuntis, onde poderán coñecer as súas instalacións, os seus servizos e o seu  personal, e de paso, darse un baño relaxante. 
Unha boa maneira de ir coñcendo a profesión, non vos parece?

Qué é un balneario? Un balneario (do latín balneae -arum "baños" o balineae -arum "establecemento de baños") é un lugar para baños públicos, ben sexan de piscina, río ou mar. Este termo tamén pode facer referencia ao lugar dedicado ao reposo e curación a través do emprego das augas, sobre todo termais ou minerais, cun edificio para hospedaxe.

O emprego por parte do home da auga como elemento terapéutico remóntase á época das cavernas, e temos constancia fehaciente do seu uso nas aclepias gregas e nas termas romanas. Naqueles tempos xa se empregaban técnicas de depuración e relaxamento como os baños de fango, os de vapor e mesmo a aplicación de chorros de auga a presión.

Hoxe en día, algunhas das técnicas que se empregan nos balnearios e centros spa, ademáis das piscinas termais, son os baños con algas, baños con fango, baños de pel de pomelo, inhalación de vapores, hidromasaxe, chorros de auga ou circuitos a contracorrente. No caso dos balnearios marinos, o conxunto de técnicas hidrosaludables empregadas coñécese como talasoterapia. As instalacións habitualmente complétanse con outros servizos para o coidado da saúde, como masaxes, saunas, raios uva, solarium, ximnasio, camas de augua ou tratamentos de beleza

Dende os comezos de século XXI podemos dicir que os balnearios están a vivir unha nova época dorada. A preocupación pola estética e a saúde teñen provocado a proliferación de centros de benestar, balnearios e spas ao longo do noso territorio. O balneario se ten convertido nun luxo ao alcance de todos, grazas á reducción de prezos, ás tarifas especiais e a multiplicidade de servizos que se ofrecen, adaptados a todas as idades e orzamentos. Os tratamentos de relax e beleza están en constante cambio e evolución, ofrecendo o coidado máis sofisticado a prezos asequibles cáse que para todos os petos....mesmo o bono-relax para un balneario se ten convertido nun  regalo recurrente para festas e aniversarios.

Por este motivo, este sector profesional constitúe unha opción de fututro profesional para o noso alumnado de FP de estética persoal e decorativa. Agardamos que a visita lles motive (ademáis de desfrutala como clientes) e quén sabe, quizáis a próxima visita sexa como traballadores!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario