jueves, 7 de abril de 2011

ESTÁ TODO POR FACER


Todo está por facer para vós, as novas xeracións. A lo menos eso é o que defende Pau García-Milá no libro do mesmo título "Está todo por hacer".
E quén é Pau? Pois un revolucionario, un emprendedor, un innovador... de 23 anos de idade. 
Cofundador, con tan só 17 anos, de EyeOS, un sistema operativo baseado no Cloud Computing, que permite subir e acceder aos nosos ficheiros e aplicacións dende calquera dispositivo conectado a Internet. 
Con 16 anos, Pau e o seu amigo Marc Cercós empezaron a desenvolver ferramentas para uso propio,  a pesares  dos  obstáculos e a  falta de apoio financeiro e do sector ( a idade, a falta de experiencia, e a  xeral falta de apoios aos emprendedores do noso país foron os principais pedras no camiño). 
Pero eles non desistiron, creían no seu proxecto e loitaron por el.
EyeOS recibiu o Premio Nacional de Comunicaciones en 2009, polo seu carácter innovador e as súas múltiples aplicacións para o sector educativo, e IBM xa ten incorporado  este sistema á súa estratexia de Cloud Computing para grandes compañías e administracións públicas.
Hoxe están presentes en 67 países. E continuan a medrar, e a traballar, e a innovar.
Por iso o traemos a este blog. Como exemplo patente de que QUERER É PODER. Con traballo e motivación podemos alcanzar as metas que nos propoñamos. Vos deixamos un pedaciño da súa intervención no programa de Buenafuente, agardamos que vos resulte motivadora!!!


Pau ten un blog, se estades interesados entrade en: http://pau.garcia-mila.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario