jueves, 7 de abril de 2011

PLATAFORMA JÓVENES SIN FUTURO


Xóvenes estudantes de instituto e universitarios, có apoio de intelectuais e profesores, acaban de constituir a plataforma de Jóvenes sin Futuro, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral que nos ten levado cara unha situación que deixa ás novas xeracións sen vivenda nin traballo e sen perspectivas de cobrar unha pensión no futuro. 


Por este motivo sairán mañán xoves 7 de abril á rúa (ás 19.00 en Madrid e outras cidades) para demostrarlles aos políticos e aos banqueiros que eles non calan, e amosar o seu desacordo coa política de recortes sociais do Governo. Non están dispostos a aceptar de brazos cruzados o feito de que a  xuventude máis preparada da nosa historia vivirá peor que seus pais.

Podedes consultar EIQUÍ o seu manifesto. Se te sintes identificado,  acude e participa. ¡Movilízate!  
En Galicia hai unha manifestación convocada para este xoves ás 20.30 horas na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Se Compostela vos pilla lonxe, pero queredes participar deste movemento, podedes manifestar a vosa adhesión na súa páxina web.

Máis información: www.juventudsinfuturo.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario