O pasado 25 de marzo estrenouse en toda España a película "Inside job" ou "Traballo confidencial" . Trátase dun film dirixido por Charles Ferguson e gañador na pasada edición dos Oscar do galardón á mellor película documental.
Inside Job é unha cinta de dúas horas de duración na que, a través da voz do actor Matt Damon, asistimos ao proceso de xestación do derrubamento e posterior estoupido da burbulla financeira. Nela pónsenos de manifesto cómo a chegada da crise se podía prever, e cómo governos e institucións públicas non fixeron nada por protexer aos cidadáns. Resulta interesante, pero ao tempo indignante e incluso aterrador, coñecer as causas da crise global que estamos a sufrir, ver cómo se pode identificar aos culpables e saber que ao final somos o pobo os que temos que pagar os platos rotos.
A cinta comeza na idílica Islandia, onde o benestar económico e social estoupa, como un volcán en erupción, cando os bancos locais inician a súa estratexia expansiva, pretendendo ir máis aló das súas posibibilidades , financiados pola banca extranxeira que acaba de desembarcar. O resto da historia xa a coñecemos, así como a chamada revolta silenciosa que está a protagonizar nestes intres o pobo islandés.
Se estades interesados en coñecer o cómo, quén, onde e por qué da crise, eiquí atoparedes moitas respostas. Un documento imprescindible para coñecer ben a época que nos toca vivir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario