Gran noticia para o Johan Carballeira!!!
As nosas alumnas do Ciclo medio de Perrucaría acadaron hoxe no Barco de Valdeorras o 1º premio no Trofeo Color Art de L'Oreal. O galardón do concurso inclúe, ademais do referido trofeo, formación en corte, color e xestión dun salón de perrucaría (cheque-formación valorado en 1.000 euros).
Noraboa a Vanessa Caeiro e María Varela por facer un traballo tan bó, e grazas ás dúas e a todo o alumnado de imaxe persoal do Johan Carballeira por representarnos tan ben!!!
NORABOA RAPAZAS, SODES UN ORGULLO E UNHA MOTIVACIÓN PARA O CENTRO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario