lunes, 9 de mayo de 2011

TROFEO COLORART

Mañá martes, 10 de maio, alumnas e alumnos de nove centros educativos galegos participarán no Trofeo Color Art de L'Oreal. Este certame está destinado ao alumnado do CM de Perrucaría, como resultado do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e organizado de forma conxunta pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o departamento educativo da empresa L'Oreal, para a posta en marcha do programa ‘Aprender +’.

No certame tomarán parte o CIFP Someso da Coruña, IES Perdouro de Burela, IES Muralla Romana de Lugo, IES A Pinguela de Monforte de Lemos, IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, IES 12 de Outubro de Ourense,  IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra e IES de Teis de Vigo e, ¡cómo non! o noso centro, o IES Johan Carballeira de Bueu.

Ao longo da tarde os estudantes realizarán probas de corte e peiteado, e de recollidos artísticos de estilo creativo libre. Tras valorar o papel de todos os participantes, o xurado dará a coñecer a súa deliberación, e procederase á entrega de premios. O galardón do concurso inclúe, ademais do referido trofeo, formación en corte, color e xestión dun salón de perrucaría.

O noso centro estará representado por dúas alumnas de 2º curso do CM de Perrucaría, Vanessa Caeiro (recollidos, libre creatividade) e María Varela (corte e peiteados) quenes contarán có apoio das súas compañeiras de PCPI e dos ciclos de perrucaría e estética.

MOITA SORTE PARA AS PARTICIPANTES, ESTAMOS CON VÓS!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario