QUÉ SON OS PROGRAMAS EUROPEOS? TRÁTANSE DUNHA SERIE DE ACTIVIDADES OU ACCIÓNS FINANCIADAS POLA UNIÓN EUROPEA E DIRIXIDAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA (ESTUDANTES DE TODOS OS NIVEIS, PROFESORADO E PERSONAL NON DOCENTE). EXISTEN MOITOS TIPOS DE PROGRAMAS E AXUDAS, PODEDES CONSULTALOS TODOS NO ENLACE DE PROGRAMAS EUROPEOS DA XUNTA OU BEN NA WEB DA AXENCIA NACIONAL EUROPEA (OAPEE).
DENDE DECEMBRO DE 2010, O IES JOHAN CARBALLEIRA É TITULAR DUNHA CARTA ERASMUS AMPLIADA (EUCP), A CAL NOS HABILITA PARA PODER DESENVOLVER DISTINTAS ACCIÓNS DE MOBILIDADE NO CONTEXTO DO PROGRAMA DE APRENDIZAXE PERMANENTE (PAP) DA UNIÓN EUROPEA, PARA O PERIODO 2007/2013.
- QUÉ SIGNIFICA SER TITULARES DUNHA CARTA ERASMUS AMPLIADA?
IMPLICA QUE O NOSO CENTRO PODE LEVAR A CABO ACCIÓNS DE MOBILIDADE DOS NOSOS ESTUDANTES, COÑECIDAS NO CONTEXTO EUROPEO COMO STUDENT MOBILITY PLACEMENTS (SMP), É DICIR MOBILIDADES DE ESTUDANTES PARA PRÁCTICAS.
- QUÉ SON AS SMP?
TRÁTASE DE MOBILIDADES DIRIXIDAS AO ALUMNADO QUE ESTEA A REALIZAR ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (GRAO MEDIO E SUPERIOR) COA FINALIDADE DE QUE TEÑAN A OPORTUNIDADE DE REALIZAR AS PRÁCTICAS DE EMPRESAS (FCT) NALGÚN PAÍS DA UNIÓN EUROPEA. AINDA QUE EXISTE UN AMPLO ABANO DE POSIBILIDADES DE MOBILIDADE, O IES JOHAN CARBALLEIRA TEN FOCALIZADO O SEU TRABALLO NO DESENVOLVEMENTO DA MOBILIDADE ERASMUS.
- EN QUÉ CONSISTE A MOBILIDADE ERASMUS?
VAI DIRIXIDA AOS ESTUDANTES DE FP DE GRAO SUPERIOR, E PERMETE QUE ÉSTES REALICEN A FCT NALGÚN PAÍS EUROPEO. OS REQUISITOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO SERÁN ESTABLECIDOS POLO CENTRO, ATENDENDENDO A CRITERIOS DE EXPEDIENTE ACADÉMICO, COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E COMPROMISO CÓ PROGRAMA. AS MOBILIDADES ERASMUS PÍDENSE DUN ANO PARA OUTRO, ASÍ QUE SE ESTÁS CURSANDO O 1º ANO DALGÚN DOS NOSOS GRAOS SUPERIORES E ESTÁS INTERESADO EN PARTICIPAR E PODER DESFRUTAR DA AVENTURA ERASMUS, NON O DUBIDES, PONTE EN CONTACTO XA CÓ DEPARTAMENTO DE PROGRAMAS EUROPEOS. ENCARGARÉMONOS DE ASESORARTE E GUIARTE AO LONGO DE TODO O PROCESO.
COMPOÑENTES DO GRUPO DE PROGRAMAS EUROPEOS (2011)
- ANA FREIJEIRO VILLANUEVA (Coordinadora)
- RAFAEL BAQUERO VILLAVERDE (Fabricación Mecánica)
- MARTA RODAL OTERO (Administración e Finanzas)
MÁIS INFORMACIÓN NA SECCIÓN DE PROGRAMAS EUROPEOS NA WEB DO CENTRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario