lunes, 30 de mayo de 2011

BOLSAS ERASMUS NO JOHAN CARBALLEIRA





Como xa vos indicamos nun post anterior, o noso centro é titular dunha Carta Erasmus, e polo tanto podemos organizar accións de mobilidade do noso alumnado dentro do ámbito da UE.

Para o curso que vén (2011/20112) imos desenvolver o programa de mobilidade ERASMUS, dirixido ao alumnado de ciclos de FP de grao superior. O reto é que os estudantes dos nosos ciclos, que este ano estades a realizar o 1º curso dos vosos estudos (ben de administración e finanzas ou de costrucións metálicas) desenvolvades as prácticas da FCT nalgún país da U.E.


Se sodes alumnos de 1º CS Administración e finanzas ou 1º CS Costrucións Metálicas, e estades interesados en solicitar unha bolsa Erasmus, poñédevos en contacto co voso titor ou directamente co departamento de programas europeos (cuxa composición xa indicamos no post anterior). Os criterios de selección están baseados en termos de expediente académico, competencia lingüística e implicación co programa (interese, compromiso e motivación por participar).

Se tedes dúbidas respecto á vosa competencia lingüística ou ben credes que necesitades un reforzo, tede en conta unha cousa: a mobilidade non se levaría a cabo ata marzo de 2012, co cal tedes tempo abondo para refrescar coñecementos e incluso adquirir novas competencias. Ademáis o centro se encargaría de desenvolver actividades de formación e perfeccionamento lingüístico e achegamento á cultura do país de destino, ademáis de tutelarvos en todo o proceso de procura de aloxamento, acomodación no país de destino, preparación, documentación, seguros...etc.

O Programa Erasmus supón todo vantaxes para vós: coñecer unha nova cultura, unha nova lingua, o sistema produtivo doutro país, outros xeitos de vida, facer novos amigos, mellorar as vosas perspectivas de empregabilidade, ampliar as vosas miras... 

NON DEIXEDES DE BARALLAR A POSIBILIDADE DE VOS PRESENTAR A ESTE PROGRAMA, CAMBIARÁ O RUMBO DAS VOSAS VIDAS!!!

REPETIMOS: Para calquera dúbida que teñades dirixídevos ao grupo de programas europeos do centro (Ana Freijeiro, Rafael Baquero e Marta Rodal), namentres podédevos documentar na web da Xunta de galicia. Para dúbidas de carácter xeral, vos deixamos o enlace a un documento da Axencia Nacional Europea que está bastante clariño: PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario