martes, 31 de mayo de 2011

IMPORTE DAS BOLSAS ERASMUS



É importante que teñades en conta que as bolsas Erasmus son axudas para a mobilidade, non becas que cubran todos os gastos da estancia. É dicir, serven para cubrir parte dos gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguro, pero non a súa totalidade.

A boa nova é que a estes importes habería que sumar outras axudas públicas complementarias, que  servirían para facer fronte aos gastos xurdidos da mobilidade. Así poderíamos contar coas axudas do MEC (Ministerio de Educación) e as da Xunta. Así mesmo, algúns bancos e entidades financeiras (por exemplo Caja Madrid) teñen programas especiais de becas para o alumnado titular dunha bolsa Erasmus.



Para que vos fagades unha idea aproximada dos importes, para a convocatoria 2010 a contía da bolsa Erasmus foi de 320 euros ao mes.  Hai que engadir as axudas do MEC, que oscilaron (segundo destino) entre 170-215 euros mensuais (375-420 euros, si se trataba dun alumno/a con beca de estudos). 
Faltarían por sumar as axudas para FCT concedidas pola Xunta. Para este curso 2011, xa se aprobaron as contías para a FCT modalidade B (realizadas nalgún país europeo), e son as seguintes:

País 
Contía base 
€ por semana 

Portugal 
150 € 
90 

Francia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda, Romanía, Malta, Bulgaria, Irlanda 

200 € 
175 
Dinamarca, Hungría, Austria, R. Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Suecia, Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Grecia, Chipre 

300 € 
225 

Se facedes contas polo baixo, por exemplo para unha mobilidade en Portugal, os importes incluirían:
  • 320 euros/mes da UE.
  • 170 euros/mes do MEC.
  • 150 (contía base) e os 90 euros semanais da Xunta. 
Resumindo, para unha estancia de 3 meses en Portugal (o mínimo en axudas), contaríades cun importe total de 2.360 euros (uns 780 euros mensuais). Agora ben, tedes que ter en conta que as axudas da Xunta (non así o resto) non se aboan ata o ano seguinte, có cal teríades que adiantar vos ese diñeiro. Aínda así ,se facedes contas, poderedes  chegar á conclusión de que estas axudas son bastante dignas. Un motivo máis para tomar a decisión e entrar na comunidade Erasmus.

ANIMÁDEVOS, GO ERASMUS!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario