miércoles, 1 de junio de 2011

BECAS DA UIMP PARA CURSOS INTENSIVOS DE INGLÉS


ATENCIÓN

A TODOS AQUELES ALUMNOS/AS DE 2º CURSO DE FP DE GRAO SUPERIOR, QUE O CURSO PASADO (09/10) TIVERAN A CONDICIÓN DE BOLSEIROS, ASÍ COMO AQUELES ALUMNOS DE 1º QUE PROVEÑAN DOUTRO CICLO SUPERIOR NO CAL TIVERAN A CONDICIÓN DE BOLSEIRO DO MEC (durante os cursos 08/09 ou 09/10):

O Ministerio de Educación convoca axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2011 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
  • Bolsas para iniciar estudos universitarios no curso 2008-2009.
  • Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios nos cursos: 2008-2009 y 2009-2010.(FP grao superior)
  • Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario e doutros estudos superiores nos cursos 2008-2009 e 2009-2010.
Os cursos terán unha duración de cinco días con 40 horas lectivas e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.

Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Tenerife, La Línea de la Concepción e Barcelona no período comprendido entre o 5 de setembro e o 12 de decembro de 2011.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto dende o 25 de maio ata o 30 de xuño de 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario